sábado, 22 de noviembre de 2014

Cronica

Aprezados compañeiros, logo de sete rutas na compañía da maioria de vosoutros, hei de dicir que é un pracer poder tomar partido un domingo máis cara a unha nova senda.

Nesta ocasión o destino é Touro.

Pois ben, coa puntualidade requerida polo presidente, ás 08:00 arrancamos de Ferreira 20 arriscados sendeiristas, con un pronóstico de tempo nada alentador; a pesar de que Angel sempre incide que ten un contrato blindado con Pemán, o día non daba para pensar que nesta ocasión se respetaría…

Chegamos a Touro preto das dez da mañá, e tras tomar o café de rigor no “barranco” e poñernos ben guapos/as para a foto .… iniciamos ruta todos provistos de chuvasqueiros, e incluso paraugas…, que por sorte so lles demos uso no treito final.

Partimos cara a Ponte Besade, lugar onde se unen os concellos de Touro (Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), e percorremos as ribeiras dos ríos Ulla, Besaño e Lañas, que precisamente neste día descorren a rebosar de auga. O sendeiro ofrécenos a posibilidade de gozar de espazos naturais de gran beleza, onde atopamos ao noso paso unha frondosa vexetación e árbores propios das marxes dos ríos: carballos, castiñeiros, loureiros, espiños…

Seguindo o percorrido imos descubrindo agachadas fervenzas, restos de muiños, ouriceiras… toda unha incrible paisaxe digna de admirar ao longo dos case 9 km de traxecto

Na cascada, coñecida como “salto das pombas” dentro da ruta do río Laña; desprende unha caída de auga con rápido movemento, provocado polo desnivel existente na canle do río, polos saltos ou polas correntes, que simula o efecto mesmo do "ferver” da auga.

Todo o percorrido descorre entre camiños de terra e herba, con algún que outro desnivel que fan a ruta máis atractiva para aqueles que lles agrade o risco, e para o resto contábamos con pasarelas e escaleiras de madeira que nos fixeron máis doado o discorrer.

Realmente é unha ruta moi recomendable dada a súa fermosura, facilidade de adaptación en distintos tramos segundo se estea disposto a facer máis ou menos quilómetros e dende logo moi ben sinalización

Tras rematar o traxecto estimado para esta xornada, recóllenos o bus para levarnos a visitar outra incrible paraxe ….. A Fervenza do Inferniño.

Esta fervenza localízase no Regato dos Fungos, afluente do Ulla que salva un importante desnivel A contorna no que se atopa está conformada por monte, con vexetación de ribeira e matorrales, así como prados destinados ao consumo por parte da gandería da zona.

….Que dicir con palabras da “fervenza do inferniño”, que non nos amose as fotos realizadas polo noso persoal e profesional fotógrafo Juan…

Non cave dúbida que o mellor e apreciala en vivo e en directo.

Como non podía ser doutro xeito …. a ruta concluímola con un xantar no restaurante O´Barranco de Touro, onde tratamos de repoñer forzas con un menú propio de tempo de outono: Callos, Carne asada, Flan. Viño, Auga ….(digo tratamos … porque houbo quen se foi con algo de fame …; pero na vindeira … máis e mellor.

Luísa Expósito



No hay comentarios:

Publicar un comentario